Os máis pequeños están a decorar unha árbore para dar unha sorpresa ás familias estes días…
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!
Os máis pequeños están a decorar unha árbore para dar unha sorpresa ás familias estes días…
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!
Estes días demos comezo a un proxecto novo que ten como obxectivo principal a plantación de árbores autóctonas nunha fraga afectada polos recentes incendios forestais do mes de outubro. Sabemos que é un proxecto a longo prazo e estamos na primeira fase do mesmo: a xerminación de sementes.
No vídeo pódense observar varias actividades realizadas nas aulas. Seguiremos informando!
O NOSO VIVEIRO from Educación Infantil on Vimeo.
Hoxe celebramos o Día da Infancia e recibimos nas nosas aulas ao alumnado do CIFP A Xunqueira do Ciclo Superior en Educación Infantil. Como en anos anteriores estes alumnos deseñan actividades para os nenos e nenas de infantil usando como fío conductor os Dereitos Universais da Infancia. Moitas grazas por compartir esta experiencia!
DÍA DA INFANCIA from Educación Infantil on Vimeo.
No marco do Plan Proxecta: Aliméntate ben, os pequenos de 3 anos aproveitaron a chegada do outono para coñecer os froitos propios desta estación, distinguíndoos e paorximándonos as súas características básicas. Nesta liña, solicitamos a colaboración das familias achegando castañas, noces, améndoas, abelás, cabazas, laranxas, caquis, marmelos, landras, feixoas…Con todos os froitos recibidos fixemos unha exposición:
Grazas familias poa vosa cooperación!
Chegou Samaín, a época das cabazas! En 4º de infantil quixemos festexalo experimentndo con este novo froito e aproximándonos a súa vez á realidade aumentada ao través dunha app móbil. Resultou unha experiencia fascinante para os alumnos, chea de maxia e moi motivadora, introducíndonos así, dun xeito atraínte no inicio do Proxecto Aliméntate Ben!
Primeiro pintamos as nosas cabazas…
… e maxia borraxia!
Aparte disto, dada a tracción do alumnado cara as TIcs, abordamos diversos xogos interactvos sobre a froita como “vamos a la frutería” da Editorial Algaida (Papelillos) ou actividades de “zonaclic” dispoñibles no enlace: http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?id=3113
Podes acceder a elas e seguir practicando!
Xa demos comezo as actividades enmarcadas no Plan Proxecta: Aliméntate Ben!
Os de 6ºA debuxando bodegóns de froita e degustando as mesmas…
Ollade o ben que queda a “Exposición dos froitos de outono” no corredor de infantil:
Moitas grazas familias pola participación!
Este ano agardávanos unha tenra sorpesa no Salón de actos… os compañeiros de 2º de primaria fixeron un audioconto para todos nós que acompañou o acendido de cabazas-lanterna. Esta audición deu comezo a celebración do SAMAGOSTO!
Á hora do recreo tivemos unha degustación de castañas na que colaboraron a ANPA Andaina co castañeiro e o cole e as familias coas castañas.
Rematamos a xornada do 31 de outubro cun baile de disfraces arrepiante!
Ademáis, na clase da profe Laura recompilaron este vídeo que podedes ver aquí ou no seu blog:
Mentres na aula de 6ºB…
Agardamos que vos guste moito, foi unha festa monstruosa!!!