viernes, 11 de mayo de 2018

A FROITA NAS AULAS DE 4º DE INFANTIL

Hoxe presentamos unha recompilación das actividades realizadas polo alumnado de 3 anos no marco do Plan Proxecta “Aliméntate Ben”: A FROITA NA ESCOLA.

Fixemos unha morea de actividades que abarcaron dende obradoiros de cociña e ricas degustacións ata tarefas relacionadas coa lóxico-matemática, experimentación sensorial, desenvolvemento lingüístico, realidade aumentada, novas tecnoloxías, etc. Seguídenos nos vindeiros días que subiremos máis contido sobre cada unha delas.

Non as perdades!

martes, 8 de mayo de 2018

A MELLOR SOPA DO MUNDO!

Hoxe queremos compartir convosco esta curtametraxe de animación elaborada polo alumnado de 4º de primaria en colaboración con 3ºBB e os nosos pequechos de 6ºB de infantil e feita ao abeiro do programa Nós tamén creamos! organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, Editorial OQO e CRTVG.

Temos que engadir que ademais do concurso Nós tamén creamos! presentamos a curtametraxe no Festival Audiovisual Escolar de Boiro o OLLOBOI e… somos finalistas na categoría Arte e Estética!

Dende o enlace podedes seguir todas as novas. Este venres día 11 coñecerase o fallo do xurado…

A MELLOR SOPA DO MUNDO! from Estudios Fervelliño on Vimeo.

E xa para rematar tamén compatimos o “making off” Así o fixemos!

Así o fixemos! Making off from Estudios Fervelliño on Vimeo.

Agardamos que vos guste moito!

lunes, 30 de abril de 2018

FROITAS CON IMAXINACIÓN

Durante estes días, os alumnos de 3 anos botaron man da súa imaxinación para sinalar os parecidos da froita. A que se asemella un plátano? E, unha laranxa? Bótalle un ollo ás semellanzas atopadas.

lunes, 23 de abril de 2018

RECEITARIO CON FROITAS

O alumnado de 6º de infantil fixo este doce receitario coa axuda das súas familias. As froitas son as gominolas da natureza… e tan saborosas!

Actividade do Plan Proxecta: Aliméntate ben!

lunes, 9 de abril de 2018

VOCABULARIO E LECTOESCRITURA: BINGO E LIBRO DE FROITAS

Continuando o noso proxecto “Aliméntate ben” (Plan Proxecta), na aula de 4º de educación infantil mesturamos froita e linguaxe mediante a realización de dúas actividades. Dunha banda, levouse a cabo un bingo de froitas e verduras coa finalidade de aumentar o vocabulario do alumnado.

Por outro lado, tamén traballamos co libro das froitas, buscando as letras correspondentes, copiando palabras…

viernes, 30 de marzo de 2018

EXPRESIÓN PLÁSTICA: MANDALAS CON FROITAS E PINTURA CON TÉMPERA

Durante estes días, os nenos de 4º de educación infantil levaron a cabo varias actividades coa froita dirixidas ao desenvolvemento da súa competencia artística. Así, en pequenos grupos, fixemos mandalas con laranxas, mazás e plátanos.

Tamén pintamos cadansúa laranxa utilizando a témpera.

IMG-20180309-WA0284

lunes, 19 de marzo de 2018

AS SEMANAS DA FROITA: MERENDAS SAUDABLES E OBRADOIRO DE “BROCHETAS”

Durante esta semana recibimos froita fresca (plátanos, laranxas, kiwis e mazás de dúas clases) financiada coa axuda do FOGGA, contribuíndo así ao fomento de hábitos alimenticios saudables entre o alumnado (Plan Proxecta). Nesta liña repartimos cada día unha froita diferente, analizamos as súas propiedades e fixemos merendas saudables. Foi unha iniciativa moi ben acollida na nosa aula de 4º de infantil de forma que todos os alumnos degustaron as distintas pezas entregadas.

Aproveitando a ocasión brindada, fixemos un obradoiro de brochetas con froitas que foi un auténtico éxito.