lunes, 27 de mayo de 2019

5º DE INFANTIL VAI Á GRANXA


O pasado xoves os nosos pequen@s de 5º foron de visita á granxa Serantellos en Cambados. Foi unha mañá moi divertida na que coñeceron unha morea de animais e elaboraron o seu propio pan ca axuda dos monitores.


sábado, 11 de mayo de 2019

HORTA ESCOLAR

Foi unha longa espera a que fixera bó tempo, logo para preparar ben a terra pero por fin os pequen@s plantaron no horto do cole as verduriñas de tempada.



domingo, 5 de mayo de 2019

RECETAS DE APROVEITAMENTO

Durante a derradeira semana da froita sobráronnos unha morea de pezas. Pero os alimentos non se tiran ao lixo. Todos os cursos atoparon o xeito de aproveitar a froita (brochetas,batidos,biscoitos...) 
O resultado foi delicioso.

sábado, 27 de abril de 2019

VISITA AO MERCADO

Esta semana visitamos o Mercado de Pontevedra da man dúas guías excepcionais: Sandra e Lorena. Fixemos un roteiro polos distintos postos e rematamos a xornada no espazo infantil O Ganapán. Aprendimos unha morea de cousas sobre os alimentos!

Ollade o ben que o pasamos!

domingo, 14 de abril de 2019

SEMANAS DA FROITA EN 4ºA

Hoxe presentamos unha recompilación das actividades realizadas polo alumnado de 3 anos no marco do Plan Proxecta “Aliméntate Ben”: A FROITA NA ESCOLA.

Fixemos unha morea de actividades que abarcaron dende obradoiros de cociña e ricas degustacións ata tarefas relacionadas coa lóxico-matemática, experimentación sensorial, desenvolvemento lingüístico, etc.

Non as perdades!

viernes, 12 de abril de 2019

ALGO MAIS QUE COMER


Estas dúas semanas estivemos a compartir nas aulas como en cursos anteriores racións de froita fresca de tempada.
Os nenos e nenas de 5ºB de Educación Infantil aproveitaron para traballar algúns conceptos de lóxica-matemática como ENTEIRO e METADE, pero logo de experimentar e comparar non deixaron nin rastro da froita.
Velaquí a proba


miércoles, 10 de abril de 2019

VISITAMOS AOS BOMBEIROS


Hoxe o alumnado de 5º de Infantil fumos de visita ao parque de Bombeiros de Pontevedra. 
Dende aquí queremos darlles as grazas polo traballo que fan por nós e tamén polo ben que nos trataron e a cantidade de cousas que nos ensinaron na visita.

Foi unha maña diferente e moi divertida.