viernes, 27 de enero de 2017

DÍA DA PAZ

Nas últimas semanas estivemos a preparar actividades para a conmemoración do Día da Paz. Este ano usamos por lema “A PAZ QUE SOÑAMOS COMEZA POR NÓS” e os nosos traballos constitúen o punto de partida para a próxima participación no Salón do Libro en primavera.

Ademais, hoxe levamos a cabo unha xuntanza no patio para construir: un Mural colectivo, escoitar o Manifesto pola Paz elaborado polos compañeiros de 6º e cantar cunha soa voz a canción Bajo el mismo sol. Ollade…

sábado, 14 de enero de 2017

CONTACONTOS CON RAQUEL QUEIZÁS

O pasado mércores tivemos unha actividade de animación na Biblioteca Escolar. Recibimos a Raquel Queizás, unha contadora moi especial que viña cargada de historias sobre as emocións! Os títulos presentados foron: “A xirafa Timotea” e “Xa son maior”.

Ollade o ben que o pasamos!