lunes, 20 de abril de 2015

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo conmemórase o Día Internacional da Poesía. Na aula de 5 anos B recibimos á primavera traballando o poema “O BAILE DAS BOLBORETAS” interpretado polo grupo infantil Mamá Cabra.

MURAL DE PRIMAVERA

Chegou a primavera e estamos a poñer o colexio moi bonito. Os pequenos e pequenas de cinco anos A fixemos este mural…   Preme na imaxe!                           

@S PEQUEN@S DA XUNQUEIRA_ MURAL DE PRIMAVERA(Texto e imaxe: Socorro López Rodríguez)

sábado, 18 de abril de 2015

ECLIPSE

O pasado 20 de marzo aconteceu unha eclipse de Sol parcial que podíase ollar dende a nosa Comunidade Autónoma. Na aula de 5 anos B estamos a traballar coma científicos no terceiro trimestre! Sistema Solar, Plantas e Artes Plásticas estanse a mesturar mediante un fío conductor que chamaremos… “ExperimentARTE”.

Hoxe deixamos a primeira tarefa: A construción dunha eclipse solar na aula.

Non vos perdades as seguintes entregas!

ANIVERSARIOS MARZO 3B

Na aula de 3 anos B tivemos 3 aniversarios no mes de marzo! Non paramos coas festas…Parabéns para Bruno, Lara e Paula!

O XORNAL

Este curso os peques de 5 anos A aprendemos na Semana da Prensa como é un xornal, as súas distintas seccións, as partes de que consta unha nova e incorporamos xornais na nosa Biblioteca de Aula. Á volta de Semana Santa cada un de nós escribimos unha nova co que fixemos estes días e compuxemos un xornal que vos ensinamos orgullosos.

(Texto: María Lorenzo)

Que vos parece?

miércoles, 8 de abril de 2015

BAILE POR SORPRESA!

Un día chegamos a clase e… sorpresa! As compañeiras de sexto de primaria trouxeron de agasallo un baile moderno á aula. Mirade aos pequechos como se suman á diversión!

ANIVERSARIOS PRIMAVERA

Na aula de 5 anos B estabamos desexando que chegara a primavera!