sábado, 12 de mayo de 2018

PREMIO OLLOBOI 2018: ARTE E ESTÉTICA

Estamos agradecidos, abraiados e moi felices da participación do noso alumnado coa curtametraxe A MELLOR SOPA DO MUNDO no Festival Audiovisual Escolar Olloboi!

Hai que destacar que todos os traballos presentados son incribles… e paga a pena que entredes na páxina a botar unha ollada sobre os fantásticos proxectos audiovisuais dos escolares galegos.

Aquí hai canteira!

IMG_1767

O mesmo venres pola mañá, antes da visita a Boiro, estivemos a ver as outras curtametraxes co alumnado.  Para os centros que eran finalistas connosco temos unhas mensaxes que transmitir dende as aulas:

“Por que non imos de viaxe de fin de curso a Becerreá para ver se atopamos os restos do Apóstolo?”_apuntaban uns.

“Queremos un sacho!!! Volve poñer o video!”_berraban outros.

“Cómo se fai iso de misturar as sombras e as cores?”_apuntaban os máis curiosos ollando Quixotes.

E finalmente, o momento máis emocionante chegou despois de ver “Mi hermano”… visiblemente emocionados, tres ou catro dixeron que lles apetecería moito ter un irmán..

FINALISTAS OLLOBOI 2018. ARTE

  

  

Xa chegados á gala de premios isto é o que aconteceu:

E O GAÑADOR É…

IMG_1953

Xa para rematar queremos facerlle mención especial a unha persoa que nos axudou cos materiais, as maquetas e a iluminación, e que aínda que insista en dicir que “é o seu traballo”… este premio tamén é del: Grazas Pedro!

PARABÉNS a todo o alumnado! Quedou claro que sodes UNS ARTISTAS!!!

viernes, 11 de mayo de 2018

A FROITA NAS AULAS DE 5º DE INFANTIL

A continuación presentamos algunhas das actividades realizadas nas aulas de 5º de infantil dentro do programa Plan Proxecta: Alimentáte ben! A froita na escola.

IMG_9550IMG_9549IMG_9551IMG_9552IMG_9554IMG_9562

A FROITA NAS AULAS DE 4º DE INFANTIL

Hoxe presentamos unha recompilación das actividades realizadas polo alumnado de 3 anos no marco do Plan Proxecta “Aliméntate Ben”: A FROITA NA ESCOLA.

Fixemos unha morea de actividades que abarcaron dende obradoiros de cociña e ricas degustacións ata tarefas relacionadas coa lóxico-matemática, experimentación sensorial, desenvolvemento lingüístico, realidade aumentada, novas tecnoloxías, etc. Seguídenos nos vindeiros días que subiremos máis contido sobre cada unha delas.

Non as perdades!

martes, 8 de mayo de 2018

A MELLOR SOPA DO MUNDO!

Hoxe queremos compartir convosco esta curtametraxe de animación elaborada polo alumnado de 4º de primaria en colaboración con 3ºBB e os nosos pequechos de 6ºB de infantil e feita ao abeiro do programa Nós tamén creamos! organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, Editorial OQO e CRTVG.

Temos que engadir que ademais do concurso Nós tamén creamos! presentamos a curtametraxe no Festival Audiovisual Escolar de Boiro o OLLOBOI e… somos finalistas na categoría Arte e Estética!

Dende o enlace podedes seguir todas as novas. Este venres día 11 coñecerase o fallo do xurado…

A MELLOR SOPA DO MUNDO! from Estudios Fervelliño on Vimeo.

E xa para rematar tamén compatimos o “making off” Así o fixemos!

Así o fixemos! Making off from Estudios Fervelliño on Vimeo.

Agardamos que vos guste moito!