jueves, 24 de diciembre de 2015

A MAXIA DO NADAL

O alumnado e o profesorado do CEIP A Xunqueira 2 deséxavos a todos dende o noso “photocall” unhas FELICES FESTAS!

11 PHOTOCALL12 3A12 3A13 4A13 4B15 5A15 5B17 1ºA17 1ºB18 2ºA18 2ºB19 3ºA19 3ºB20 4ºA20 4ºB21 5ºA22 6ºA22 6ºB

lunes, 30 de noviembre de 2015

VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA

Nas últimas semanas o alumnado de infantil visitamos a Biblioteca Municipal de Pontevedra e participamos nunha sesión de contacontos nas súas instalacións.

Resultou moi interesante coñecer as normas da Biblioteca e comparar semellanzas e diferenzas coa nosa. Tomamos nota para posibles melloras e contarlle a Fervelliño!

VISITA DE ANXO MOURE

A bordo do se nubinete e nesta ocasión acompañado dun axudante moi especial, chegou en novembro ao colexio Anxo Moure para encher as nosas cabezas de historias de bosques, natureza, auga e  … vida!

Sempre sorprendente Anxo Moure, o contador máis enxebre e auténtico da nosa terra!

jueves, 26 de noviembre de 2015

…HAINAS QUE ASAR NO ASADEIRO!

Este ano celebramos unha xornada de Magosto organizada en tres momentos principais: os Xogos, a Degustación e o Baile.DSC_1429 copia

Na primeira etapa da festa o alumnado de 6º foi o verdadeiro protagonista pois tiña a tarefa de recoller a alumnos de todas as idades e repartilos en “Equipos de Xogos”.  Equipo das Pereiras, Torradas de Laranxa, Castiñeiros, etc … todos eles compostos de alumnado diverso entre 6º de infantil e 6º de Primaria.

P1010157

Por outra banda, os pequenos de 4º e 5º de infantil gozaron tamén de xogos con equipos misturados nunha zona reservada ao carón do patio de infantil.

DSC_1450 copia

A “toque de timbre” o alumnado de cada equipo tiña que cambiar de Estación de Xogo. No “Estoupa ourizos” non lles daba chegado a quenda do tiro!

DSC_1563 copiaIMG_0317 P1010155P1010140IMG_5354

Se queredes saber como seguiu a festa botade unha ollada ao video!

sábado, 21 de noviembre de 2015

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

Hoxe, 20 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Infancia e recibimos nas nosas aulas ao alumnado do CIFP A Xunqueira do Ciclo Superior en Educación Infantil. Como en anos anteriores estes alumnos deseñan actividades para os nenos e nenas de infantil (xogos, cancións…) usando como fío conductor os Dereitos Universais da Infancia. O resultado foi unha xornada moi amena onde o traballo cooperativo foi o eixe de tódalas actividades.

DSC_2099DSC_2139

miércoles, 4 de noviembre de 2015

EN SAMAÍN…BOTAMOS OS MEDOS FÓRA!

IMG_0258Este ano botamos os medos fóra para celebrar unha das festas máis esperadas polo noso alumnado!

O EDNL e a Biblioteca Escolar organizaron unha morea de actividades que aconteceron ao longo da derradeira semana do mes de outubro.

IMG_0309IMG_0270   IMG_4895IMG_0257    IMG_0302

Exposicións Temáticas na Biblioteca, Certames Literarios e de Ilustración, Curtametraxes de medo nos recreos, Cabazas-lanterna decoradas, Contacontos das familias e moitas sorpresas que poderás ver a continuación…

Moitas Grazas por colaborar!

sábado, 31 de octubre de 2015

ROTEIRO DOS BOLECHAS

Unhas das personaxes que máis nos gustan da nosa biblioteca son a familia Bolechas. No mes de outubro realizamos un roteiro pola nosa cidade e descubrimos os segredos que aparecen no libro dos Bolechas e outros novos que nos deixaron abraiados!

Sabiades que…

… en Pontevedra hai unha casa con cabezas e unha delas pertence a un rei?

… na nosa vila viviu un famoso pirata?

Atopa as respostas e outras curiosidades nas nosas novas de hoxe!

jueves, 10 de septiembre de 2015

COMEZO CURSO 2015-2016

Ola familias, nenos e nenas!

Xa estamos de volta do verán e en poucos días sbiremos as primeiras entradas no blog.

Estades listos? Arrincamos!

martes, 30 de junio de 2015

MAIO, MES DAS LINGUAS

Co gallo da celebración de "Maio, mes das linguas" o EDNL organizou a tradicional Lectura Multilingüe e unhas sesións de Monicreques para o alumnado de infantil e primaria na Biblioteca da escola. Ollade o ben que o fan estas voces!




lunes, 22 de junio de 2015

ANIVERSARIOS FIN DE CURSO 4 ANOS B

Xa temos os derradeiros aniversarios de curso da aula de 4 anos B. Parabéns a todos-as e ata o curso que ven!

  • Aniversario de Martina:

  • Aniversario de Alicia:

  • Aniversario de Carla:

  • Aniversarios de verán:

domingo, 21 de junio de 2015

FESTA DE NON CUMPLEANOS

Os de 4 anos A traballando arreo ata os últimos días...

Que non se diga que non nos gusta a troula, eh? Por fin a festa máis esperada está aquí!

domingo, 17 de mayo de 2015

ANIVERSARIOS MARZO, ABRIL E MAIO. 4 ANOS A

Xa nos tardaban estes aniversarios! Velaquí os deixamos nun simpático video con sorpresa. Non perdades detalle!

Parabéns a Valeria, Sofía, Clara e Álvaro!

(Queremos a receita das madalenas!)

lunes, 11 de mayo de 2015

DÍA DA NAI

Na aula de 5 anos B elaboramos un agasallo para as nosas nais composto por unha morea de pezas ben elixidas.


Dentro da postal agardaba outra sorpresa... queres descubrila?


viernes, 1 de mayo de 2015

ANIVERSARIOS DE ABRIL. 4ANOS B

Que emoción, non temos máis que ganas de troula! Hugo, Alejandra e Antón celebraron o seu aniversario nestes días, parabéns lambóns!


lunes, 20 de abril de 2015

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo conmemórase o Día Internacional da Poesía. Na aula de 5 anos B recibimos á primavera traballando o poema “O BAILE DAS BOLBORETAS” interpretado polo grupo infantil Mamá Cabra.

MURAL DE PRIMAVERA

Chegou a primavera e estamos a poñer o colexio moi bonito. Os pequenos e pequenas de cinco anos A fixemos este mural…   Preme na imaxe!                           

@S PEQUEN@S DA XUNQUEIRA_ MURAL DE PRIMAVERA(Texto e imaxe: Socorro López Rodríguez)

sábado, 18 de abril de 2015

ECLIPSE

O pasado 20 de marzo aconteceu unha eclipse de Sol parcial que podíase ollar dende a nosa Comunidade Autónoma. Na aula de 5 anos B estamos a traballar coma científicos no terceiro trimestre! Sistema Solar, Plantas e Artes Plásticas estanse a mesturar mediante un fío conductor que chamaremos… “ExperimentARTE”.

Hoxe deixamos a primeira tarefa: A construción dunha eclipse solar na aula.

Non vos perdades as seguintes entregas!

ANIVERSARIOS MARZO 3B

Na aula de 3 anos B tivemos 3 aniversarios no mes de marzo! Non paramos coas festas…Parabéns para Bruno, Lara e Paula!

O XORNAL

Este curso os peques de 5 anos A aprendemos na Semana da Prensa como é un xornal, as súas distintas seccións, as partes de que consta unha nova e incorporamos xornais na nosa Biblioteca de Aula. Á volta de Semana Santa cada un de nós escribimos unha nova co que fixemos estes días e compuxemos un xornal que vos ensinamos orgullosos.

(Texto: María Lorenzo)

Que vos parece?

miércoles, 8 de abril de 2015

BAILE POR SORPRESA!

Un día chegamos a clase e… sorpresa! As compañeiras de sexto de primaria trouxeron de agasallo un baile moderno á aula. Mirade aos pequechos como se suman á diversión!

ANIVERSARIOS PRIMAVERA

Na aula de 5 anos B estabamos desexando que chegara a primavera!

viernes, 27 de marzo de 2015

PARABÉNS! DÍA DO PAI

Na aula de 5 anos A preparamos estes agasallos para os nosos pais con moita ledicia! O xoves todos queriamos chegar axiña a  casa para celebrar o día!

DSCN0503DSCN0504DSCN0505  DSCN0506IMG_20150317_122420  IMG_20150317_122436  IMG_20150317_122455IMG_20150317_122522