Este ano celebramos unha xornada de Magosto organizada en tres momentos principais: os Xogos, a Degustación e o Baile.
Na primeira etapa da festa o alumnado de 6º foi o verdadeiro protagonista pois tiña a tarefa de recoller a alumnos de todas as idades e repartilos en “Equipos de Xogos”. Equipo das Pereiras, Torradas de Laranxa, Castiñeiros, etc … todos eles compostos de alumnado diverso entre 6º de infantil e 6º de Primaria.
Por outra banda, os pequenos de 4º e 5º de infantil gozaron tamén de xogos con equipos misturados nunha zona reservada ao carón do patio de infantil.
A “toque de timbre” o alumnado de cada equipo tiña que cambiar de Estación de Xogo. No “Estoupa ourizos” non lles daba chegado a quenda do tiro!
Se queredes saber como seguiu a festa botade unha ollada ao video!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O teu comentario publicarase en breve. Grazas por participar!