sábado, 28 de febrero de 2015

PARABÉNS PARA TI!

Hoxe queremos compartir esta marabillosa versión en galego para celebrar e bailar nas festas de anirversario!

ANIVERSARIOS FEBREIRO (3A)

O mes de febreiro na aula de 3 anos A … hai festas a esgalla! Ademáis engadimos o aniversario de Hugo que corresponde a xaneiro. Xa lle imos collendo o truco á versión da profa Dori… aínda que non nos pique o nariz!

Parabéns!

ANIVERSARIOS FEBREIRO (4A)

Velaí os temos! Aniversarios de febreiro que xunto co Entroido e o San Valentín enchen este mes de festas mil!!!

 

miércoles, 18 de febrero de 2015

ENTROIDO!

As imaxes máis pícaras e divertidas do alumnado máis miúdo!!!

Felicitacións ás familias por implicarse co entroido da escola… os postres, as maquillaxes artísticas (de profesionais!), os disfraces…

Vémonos á volta das vacacións!

lunes, 16 de febrero de 2015

ANIVERSARIOS FEBREIRO (3B)

Laura está de parabéns no medio da semana do entroido! Se non fora pola orde do Ravachol… hoxe na aula de 3 anos B asemellaban estar a elaborar un gran pastel de aniversario, non si?

CIMG6519

lunes, 9 de febrero de 2015

SEMANA DE ENTROIDO

Esta semana hai que andar atento á orde do Ravachol! Lembrade que cada día toca unha cousa (non é acumulativo):

O LUNS preguiceiro… traerás un sombreiro!

O MARTES trouleiro… no pescozo algo lixeiro!

O MÉRCORES trapalleiro na cintura poñerás… un mandil e nada máis!

E o XOVES de boa gana… a túa cara traerás pintada!

image

 

EXHIBICIÓN DE BAILE DEPORTIVO

O pasado 2 de febreiro recibimos no pavillón a Adrián Esperón e Patricia Martínez, unha parella que practica a disciplina de baile deportivo. Mestres e alumnado quedamos abraiados coa exihibición e interesados en saber máis cousas sobre este deporte.

Parabéns para Adrián e Patricia na súa colleita de premios e éxitos!

miércoles, 4 de febrero de 2015

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O Martes día 3 de febreiro conmemoramos todos xuntos o Día Escolar da non Violencia e a Paz. IMG_9464A xornada  deselvolveuse no patio cuberto onde puidemos escoitar ao alumnado de 6º de primaria ler o Manifesto pola Paz, cantar xuntos a canción de Paco Nogueira “Apertas que voan”, ver  aos de 3º, 4º e 5º bailando “Happy” de Pharrel Williams e aos máis pequenos escribir a palabra Paz con etiquetas de lapis. Lembrade que o lema escollido este ano foi:

 

“Un neno, un lapis, un libro e un mestre poden cambiar o mundo”

Malala Yousafzai, Premio Nobel da Paz 2014.

Ademáis recibimos nas nosas aulas un agasallo preparado polo alumnado de relixión de 2ºB de primaria: unha representación teatral! “As cores do arco da vella”.

martes, 3 de febrero de 2015

ANIVERSARIOS XANEIRO 4-A

Que contentos estamos celebrando os aniversarios e este mes de xaneiro tivemos tres! Parabéns a Paloma, Elián e Alma os maiores da aula de 4 anos A!