sábado, 20 de octubre de 2018

ENSAIANDO CORRE, CORRE CABACIÑA

Na aula de 3 anos estamos a preparar unha actividade de animación para a celebración do Samaín. Queremos compartir convosco os ensaios para que vexades que ben vai indo a cousa…

Agardamos que vos guste!


jueves, 18 de octubre de 2018

XOGOS DE SERIES

Hoxe probamos a facer series de elementos segundo criterios de cor, tamaño, forma e posición espacial. Monstros de distintos tamaños e formas, botóns e cores tiveron do máis entretido aos equipos de traballo.

lunes, 1 de octubre de 2018

CAIXA DE LUZ

Recén rematado o período de adaptación na xornada de permanencia completa no centro realizamos unha morea de actividades.

Hoxe estreamos a caixa de luz e abraiounos! Respectamos as quendas e aprendimos a escribir o número 1, o primeiro de moitos que están por chegar.

Medrando axiña no colexio de maiores!