martes, 19 de diciembre de 2017

BÓLA DE NEVE

O Nadal é unha das nosas datas favoritas. Este ano os de 6º de infantil fixeron unha manualidade moi divertida!

Bólas de NEVE from Estudios Fervelliño on Vimeo.

Compartimos a receita!

MATERIAIS:

  • corcho
  • pintura acrílica
  • goma eva
  • pompóns
  • ollos movibles
  • tapóns de refugallo
  • bote de marmelada
  • pistola de silicona (só as profes)
  • auga
  • glicerina
  • purpurina
  • fitas decorativas

ELABORACIÓN:

  1. Pintar os corchos
  2. Recortar os cornos en goma eva
  3. Pegar os elementos do reno
  4. Pegar o reno na tampa do bote de cristal
  5. Misturar auga, purpurina e glicerina no bote (a glicerina fai que a neve se mova máis despacio).
  6. Pechar ….. et VOILÁ!

lunes, 18 de diciembre de 2017

ÁRBORE DE NADAL

Os máis pequeños están a decorar unha árbore para dar unha sorpresa ás familias estes días…

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!

martes, 21 de noviembre de 2017

O NOSO VIVEIRO

Estes días demos comezo a un proxecto novo que ten como obxectivo principal a plantación de árbores autóctonas nunha fraga afectada polos recentes incendios forestais do mes de outubro. Sabemos que é un proxecto a longo prazo e estamos na primeira fase do mesmo: a xerminación de sementes.

No vídeo pódense observar varias actividades realizadas nas aulas. Seguiremos informando!

O NOSO VIVEIRO from Educación Infantil on Vimeo.

lunes, 20 de noviembre de 2017

DÍA DA INFANCIA

Hoxe celebramos o Día da Infancia e recibimos nas nosas aulas ao alumnado do CIFP  A Xunqueira do Ciclo Superior en Educación Infantil. Como en anos anteriores estes alumnos deseñan actividades para os nenos e nenas de infantil usando como fío conductor os Dereitos Universais da Infancia. Moitas grazas por compartir esta experiencia!

DÍA DA INFANCIA from Educación Infantil on Vimeo.

martes, 7 de noviembre de 2017

FROITOS DE OUTONO EN 4º A E B

No marco do Plan Proxecta: Aliméntate ben, os pequenos de 3 anos aproveitaron a chegada do outono para coñecer os froitos propios desta estación, distinguíndoos e paorximándonos as súas características básicas. Nesta liña, solicitamos a colaboración das familias achegando castañas, noces, améndoas, abelás, cabazas, laranxas, caquis, marmelos, landras, feixoas…Con todos os froitos recibidos fixemos unha exposición:

Grazas familias poa vosa cooperación!

lunes, 6 de noviembre de 2017

FROITAS, REALIDADE AUMENTADA E TICS

Chegou  Samaín, a época das cabazas! En 4º de infantil quixemos festexalo experimentndo con este novo froito e aproximándonos a súa vez á realidade aumentada ao través dunha app móbil. Resultou unha experiencia fascinante para os alumnos, chea de maxia e moi motivadora, introducíndonos así, dun xeito atraínte no inicio do Proxecto Aliméntate Ben!

Primeiro pintamos as nosas cabazas…

IMG-20180510-WA0013IMG-20180510-WA0005IMG-20180510-WA0006IMG-20180510-WA0010Quiver_636615438806832180

… e maxia borraxia!


Aparte disto, dada a tracción do alumnado cara as TIcs, abordamos diversos xogos interactvos sobre a froita como “vamos a la frutería” da Editorial Algaida (Papelillos) ou actividades de “zonaclic” dispoñibles no enlace: http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?id=3113

Podes acceder a elas e seguir practicando!

IMG_0565IMG_0569

viernes, 3 de noviembre de 2017

FROITOS DE OUTONO

Xa demos comezo as actividades enmarcadas no Plan Proxecta: Aliméntate Ben!

Os de 6ºA debuxando bodegóns de froita e degustando as mesmas…

Ollade o ben que queda a “Exposición dos froitos de outono” no corredor de infantil:

Moitas grazas familias pola participación!

miércoles, 1 de noviembre de 2017

SAMAGOSTO 2017

Este ano agardávanos unha tenra sorpesa no Salón de actos… os compañeiros de 2º de primaria fixeron un audioconto para todos nós que acompañou o acendido de cabazas-lanterna. Esta audición deu comezo a celebración do SAMAGOSTO!

Á hora do recreo tivemos unha degustación de castañas na que colaboraron a ANPA Andaina co castañeiro e o cole e as familias coas castañas.

Rematamos a xornada do 31 de outubro cun baile de disfraces arrepiante!

IMG_2043IMG_2066IMG_2067IMG_2069

Ademáis, na clase da profe Laura recompilaron este vídeo que podedes ver aquí ou no seu blog:

Mentres na aula de 6ºB…

Agardamos que vos guste moito, foi unha festa monstruosa!!!

martes, 31 de octubre de 2017

A MOVER O ESQUELETO! O BAILE DA FROITA

A adquisición de hábitos alimenticios saudables dende a infancia resulta fundamental e, polo mesmo, demos comezo a unha iniciativa, integrada no Plan Proxecta “Aliméntate ben!” e dirixida ao fomento do consumo de froita entre o alumnado. Por iso, nas aulas de 4º de Educación Infantil (3 anos) iniciamos o proxecto a ritmo de música, empregando a canción “O baile da froita” do grupo Pica Pica.


Primeiro aprendemos a letra e cantámola de diferentes xeitos (alto, baixo, rápido, lento, con xestos, sen eles, con apoio visual…). Mirade como a fomos ensaiando:

martes, 10 de octubre de 2017

LUZDE OUTONO

A semana pasada fixemos un paseo pola Illa das esculturas para botar unha ollada as cores de outono. Recollimos unha morea de follas amarelas, vermellas, marróns,… e ao chegar ao cole usamos a recolleita para facer murais, manualidades e decoracións nas aulas.

Podedes ver aos máis cativos como están a experimentar co caixón de luz, as follas e a lupa!

Foto 11-10-17 21 26 45  Foto 11-10-17 21 26 49

viernes, 29 de septiembre de 2017

OBRADOIRO DE FROITA TROPICAL

Canto aprendemos sobre as propiedades saudables das froitas!

Desta vez aprendemos nomes de froitas tropicais, degustámolas, clasificámolas, ubicamos o lugar de orixe, investigamos sobre as vitaminas e minerais que aportan, etc. Toda unha recompilación de datos interesantes para beneficiar ao noso corpo!

domingo, 10 de septiembre de 2017

OS TRES DESEXOS

Foto 29-6-17 22 00 02

En xuño xa é costume e tradición que os maiores de 5º representen unha obra de títeres feitos por eles mesmos no Obradoiro dos profesores José Manuel e Ángela. Arrancamos o curso coa obra editada destes artistas!

OSTRESDESEXOS_v from Estudios Fervelliño on Vimeo.

OS TRES DESEXOS v from Estudios Fervelliño on Vimeo.

Foto 29-6-17 18 44 37 Foto 29-6-17 18 44 34 Foto 29-6-17 18 44 26

INICIO CURSO ESCOLAR 2017-2018

Queremos darvos a benvida a este novo curso escolar 2017-2018 e desexarlles aos mandilóns verdes do ano pasado unhas apertas moi fortes. Agardamos a vosa visita no recreo rapaces!

Como novidade este curso cambiaremos o menú semanal de merendas por este:

MENÚ 2017-2018

merendasaudable

Saúdos do Equipo de Educación Infantil!

sábado, 24 de junio de 2017

XOGOS PARAXUNCOS 2017

Clausura do curso académico cunha xornada inesquecíbel de xogos variados!

Moitas grazas ao alumnado de sexto que axudou no desenvolvemento das distintas estacións repartidas polos patios de infantil e primaria e moita sorte na vosa nova etapa…

Para todo o alumnado gozade das vacacións e vémonos en septembro!

XOGOSPARAXUNCOS 2017v from Educación Infantil on Vimeo.

domingo, 11 de junio de 2017

FESTA PIRATA

Non hai forma mellor de clausurar un proxecto que cunha actividade sorpresa para os nosos cativos.

Moita area, un anaco de pistas, un campamento pirata e un tesouro por atopar…

Na procura de aventuras mergullámonos co alumnado de 5ºB!

IMG_3033

IMG_0612IMG_2996IMG_3017IMG_3018IMG_3022IMG_3029

VISITAMOS O ACUARIO DO GROVE

Esta semana o verán asomou pola xanela e fixo da nosa visita ao Grove unha xornada inesquecíbel! Comezamos por visitar o Acuario e despois fixemos un paseo máxico pola contorna…

O mar mariñeiro namorounos!

20170607_121449

IMG-20170607-WA000620170607_12181020170607_12181820170607_121907

martes, 23 de mayo de 2017

OBRADOIROS DE ARTE NO CIFP A XUNQUEIRA

O alumnado do CIFP A Xunqueira convidounos a unha sesión de monicreques a todo o alumnado de infantil  que se deselvolveu nos exteriores do seu centro.

20170519_114925~2

Ademais, os pequenos de 4º de infantil participaron nun Obradoiro de Arte con actividades plásticas moi creativas! Aprendimos a aplicar pigmentos con materiais da natureza en diferentes texturas e vivimos unha experiecia multisensorial… E EMOCIONANTE!

Alumnado e profesorado de infantil quere compartir convosco este vídeo…

Moitas Grazas!

domingo, 21 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

O alumnado de infantil estivo a traballar nas aulas sobre Carlos Casares, o autor ourensán que este ano foi homenaxeado no Día das Letras Galegas. Esta semana na hora do conto presentamos A galiña azul unha das súas creacións narrativas adicadas aos máis pequenos!

martes, 2 de mayo de 2017

SEMANA DA FROITA

A semana pasada celebramos a Semana da Froita no colexio. Do 24 ao 28 de abril tivemos froita fresca de tempada á disposición do noso alumnado. As variedades de froita foron: mazá, plátano, laranxa, mandarina e kiwi de procedencia ecolóxica (para máis información visitade a páxina Daiquí, alimentos ecolóxicos).

Como acontece a miúdo nas aulas de infantil aproveitamos calquera actividade para dar renda solta á imaxinación. A froita é máis que froita para nós…

lunes, 1 de mayo de 2017

VISITAMOS APÍPOLIS

Os pequechos de infantil están a investigar unha morea de cousas sobre as abellas por iso fixemos unha visita a Ápípolis a semana pasada. Tomamos nota de moitas curiosidades e seguimos en modo de investigación…

2017-05-24-PHOTO-000000222017-05-24-PHOTO-000000242017-05-24-PHOTO-000000252017-05-24-PHOTO-00000026

Que importantes son para a vida no noso planeta!

lunes, 17 de abril de 2017

VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO

Como en anos anteriores este curso participamos no XVIII Salón do Libro: "O mundo que queremos". Comezamos traballando o fío condutor “Verdade que sería estupendo un mundo…?” na conmemoración do Día da Non Violencia e a Paz, no Entroido e como punto final no traballo de participación no Salón do Libro deste curso.

20170308_123741IMG_8428IMG_8425

IMG_8420

O alumnado de infantil ademáis gozou dunha visita guiada á exposición e participación en obradoiros e contacontos.

sábado, 1 de abril de 2017

CONTOS AO CARÓN DA CHEMINEA

Durante os meses de xaneiro ata marzo desenvolveuse na biblioteca unha actividade coas familias onde éstas viñan invitadas a contarnos contos. A convocatoria foi aceptada por unha morea de familiares: nais, pais, tíos, tías, avós, aupairs … e deu froito nun conxunto variado de sesións que podedes ollar a continuación.

Contos ao carón da cheminea from Estudos Fervelliño_Xunqueira2 on Vimeo.

Moitas grazas pola colaboración a todos os familares do noso alumnado!

MACEDONIA PARA O CEREBRO

En 5ºB andamos investigando sobre os alimentos saudables para alimentar as funcións cerebrais. Vitaminas, minerais, azucre,… todos eles son gasolina para o cerebro!

viernes, 10 de marzo de 2017

martes, 28 de febrero de 2017