Os grupos de 5º de Educación Infantil xuntáronse esta semana para traballar coas froitas e froitos de tempada. identificalas, tocalas, cheiralas e probalas. Algunhas xa as coñecíamos ben coma as mazás e outras déronnos sorpresas coma a auga do coco.
Grazas familias por achegarnos as froitas ao cole!
O alumnado de 4ºA de E. Infantil veñen de facer o seu primeiro traballo audiovisual en colaboración co alumnado de 1º A de E. Primaria.
Fermosa e tenra interpretación do conto Corre, corre cabaciña de OQO editora que fixemos na biblioteca con motivo da conmemoración do Samaín. Como xa dixemos nalgunha ocasión… na Xunqueira 2 facendo canteira!
E por esta banda un pase de fotografías do “making of”:
Na aula de 3 anos estamos a preparar unha actividade de animación para a celebración do Samaín. Queremos compartir convosco os ensaios para que vexades que ben vai indo a cousa…
Hoxe probamos a facer series de elementos segundo criterios de cor, tamaño, forma e posición espacial. Monstros de distintos tamaños e formas, botóns e cores tiveron do máis entretido aos equipos de traballo.
Este ano os pequenos da xunqueira iniciámonos no mundo da horta escolar, no marco do Plan Proxecta: Aliméntate ben! Plantamos leitugas, tomates cherri, phisalys, lavanda, millo, perexil… Todo unha experiencia moi enriquecedora.
Nos vindeiros cursos seguirá medrando a nosa horta!
Nas aulas de infantil o Plan Proxecta Aliméntate ben! tamén estivo presente nas sesións de lingua estranxeira nas actividades que se relacionan a continuación:
Estamos agradecidos, abraiados e moi felices da participación do noso alumnado coa curtametraxe A MELLOR SOPA DO MUNDO no Festival Audiovisual Escolar Olloboi!
Hai que destacar que todos os traballos presentados son incribles… e paga a pena que entredes na páxina a botar unha ollada sobre os fantásticos proxectos audiovisuais dos escolares galegos.
Aquí hai canteira!
O mesmo venres pola mañá, antes da visita a Boiro, estivemos a ver as outras curtametraxes co alumnado. Para os centros que eran finalistas connosco temos unhas mensaxes que transmitir dende as aulas:
“Por que non imos de viaxe de fin de curso a Becerreá para ver se atopamos os restos do Apóstolo?”_apuntaban uns.
“Queremos un sacho!!! Volve poñer o video!”_berraban outros.
“Cómo se fai iso de misturar as sombras e as cores?”_apuntaban os máis curiosos ollando Quixotes.
E finalmente, o momento máis emocionante chegou despois de ver “Mi hermano”… visiblemente emocionados, tres ou catro dixeron que lles apetecería moito ter un irmán..
FINALISTAS OLLOBOI 2018. ARTE
Xa chegados á gala de premios isto é o que aconteceu:
E O GAÑADOR É…
Xa para rematar queremos facerlle mención especial a unha persoa que nos axudou cos materiais, as maquetas e a iluminación, e que aínda que insista en dicir que “é o seu traballo”… este premio tamén é del: Grazas Pedro!
PARABÉNS a todo o alumnado! Quedou claro que sodes UNS ARTISTAS!!!
A continuación presentamos algunhas das actividades realizadas nas aulas de 5º de infantil dentro do programa Plan Proxecta: Alimentáte ben! A froita na escola.
Hoxe presentamos unha recompilación das actividades realizadas polo alumnado de 3 anos no marco do Plan Proxecta “Aliméntate Ben”: A FROITA NA ESCOLA.
Fixemos unha morea de actividades que abarcaron dende obradoiros de cociña e ricas degustacións ata tarefas relacionadas coa lóxico-matemática, experimentación sensorial, desenvolvemento lingüístico, realidade aumentada, novas tecnoloxías, etc. Seguídenos nos vindeiros días que subiremos máis contido sobre cada unha delas.
Hoxe queremos compartir convosco esta curtametraxe de animación elaborada polo alumnado de 4º de primaria en colaboración con 3ºB, 2ºB e os nosos pequechos de 6ºB de infantil e feita ao abeiro do programa Nós tamén creamos! organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, Editorial OQO e CRTVG.
Temos que engadir que ademais do concurso Nós tamén creamos! presentamos a curtametraxe no Festival Audiovisual Escolar de Boiro o OLLOBOI e… somos finalistas na categoría Arte e Estética!
Dende o enlace podedes seguir todas as novas. Este venres día 11 coñecerase o fallo do xurado…
Durante estes días, os alumnos de 3 anos botaron man da súa imaxinación para sinalar os parecidos da froita. A que se asemella un plátano? E, unha laranxa? Bótalle un ollo ás semellanzas atopadas.
Continuando o noso proxecto “Aliméntate ben” (Plan Proxecta), na aula de 4º de educación infantil mesturamos froita e linguaxe mediante a realización de dúas actividades. Dunha banda, levouse a cabo un bingo de froitas e verduras coa finalidade de aumentar o vocabulario do alumnado.
Por outro lado, tamén traballamos co libro das froitas, buscando as letras correspondentes, copiando palabras…
Durante estes días, os nenos de 4º de educación infantil levaron a cabo varias actividades coa froita dirixidas ao desenvolvemento da súa competencia artística. Así, en pequenos grupos, fixemos mandalas con laranxas, mazás e plátanos.
Tamén pintamos cadansúa laranxa utilizando a témpera.
Durante esta semana recibimos froita fresca (plátanos, laranxas, kiwis e mazás de dúas clases) financiada coa axuda do FOGGA, contribuíndo así ao fomento de hábitos alimenticios saudables entre o alumnado (Plan Proxecta). Nesta liña repartimos cada día unha froita diferente, analizamos as súas propiedades e fixemos merendas saudables. Foi unha iniciativa moi ben acollida na nosa aula de 4º de infantil de forma que todos os alumnos degustaron as distintas pezas entregadas.
Aproveitando a ocasión brindada, fixemos un obradoiro de brochetas con froitas que foi un auténtico éxito.
O 24 de febreiro conmemoramos o nacemento da escritora galega Rosalía de Castro. Nas aulas de 4º de infantil estivemos estes días facendo unha morea de actividades en torno á súa figura: aprendendo a biografía, cantando e recitando os seus poemas, decorando un marcapáxinas, etc.
Velaquí vos deixamos un video recompilatorio das máis destacadas!
Durante estes días, nas aulas de 4º de educación infantil realizamos un conxunto de xogos, mediante os que manipulamos distintas pezas de froitas co obxectivo de avanzar no desenvolvemento da competencia matemática do alumnado. Comezamos coa abordaxe da asociación entre número e cantidade:
Aparte disto, traballamos outros moitos aspectos relacionados coa lóxica matemática:
a) Fixemos series de dous e tres elementos.
b) Construímos figuras xeométricas, facendo círculos, cadrados e triángulos coa froita.
c) Fixemos clasificacións de froitas segundo a súa cor.
O vindeiro martes 20 de febreiro ás 17:00 realizaremos unha Xornada de Portas Abertas para as familias do alumnado de nova incorporación ao centro para o vindeiro curso escolar 2018-2019.
O prazo para presentar a solicitude de admisión abrangue dende o 1 ata o 20 de marzo.
Este ano a celebración do Día da non Violencia e a Paz celebrámolo participando todo o alumnado nunha carreira solidaria contra a desnutrición infantil en colaboración coa ONG Save the Children.
Se queredes saber máis sobre esta iniciativa premede na imaxe.
Unha historia con final feliz para contar…
O martes 30 de xaneiro repartidos durante a mañá en distintos horarios, o alumnado de cada curso participou na carreira.
Ao rematar recibiron un carné e un diploma acreditando o número de voltas para levar a casa. Voluntariamente, nos días seguintes á carreira, as familias patrocinadoras achegaron donativos que foron ingresados na conta da asociación Save the Children. A continuación unhas imaxes que relatan o acontecido. Agardamos que vos gusten!
Continuando co noso proxecto “Aliméntate ben”, os alumnos de 3 anos exploraro as propiedades da froita empregando prioritariamente o sentido do tacto. Valéndose da experimentación sensorial, o xogo trataba de adiviñar o contido da caixa máxina.