sábado, 12 de mayo de 2018

PREMIO OLLOBOI 2018: ARTE E ESTÉTICA

Estamos agradecidos, abraiados e moi felices da participación do noso alumnado coa curtametraxe A MELLOR SOPA DO MUNDO no Festival Audiovisual Escolar Olloboi!

Hai que destacar que todos os traballos presentados son incribles… e paga a pena que entredes na páxina a botar unha ollada sobre os fantásticos proxectos audiovisuais dos escolares galegos.

Aquí hai canteira!

IMG_1767

O mesmo venres pola mañá, antes da visita a Boiro, estivemos a ver as outras curtametraxes co alumnado.  Para os centros que eran finalistas connosco temos unhas mensaxes que transmitir dende as aulas:

“Por que non imos de viaxe de fin de curso a Becerreá para ver se atopamos os restos do Apóstolo?”_apuntaban uns.

“Queremos un sacho!!! Volve poñer o video!”_berraban outros.

“Cómo se fai iso de misturar as sombras e as cores?”_apuntaban os máis curiosos ollando Quixotes.

E finalmente, o momento máis emocionante chegou despois de ver “Mi hermano”… visiblemente emocionados, tres ou catro dixeron que lles apetecería moito ter un irmán..

FINALISTAS OLLOBOI 2018. ARTE

  

  

Xa chegados á gala de premios isto é o que aconteceu:

E O GAÑADOR É…

IMG_1953

Xa para rematar queremos facerlle mención especial a unha persoa que nos axudou cos materiais, as maquetas e a iluminación, e que aínda que insista en dicir que “é o seu traballo”… este premio tamén é del: Grazas Pedro!

PARABÉNS a todo o alumnado! Quedou claro que sodes UNS ARTISTAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O teu comentario publicarase en breve. Grazas por participar!