sábado, 27 de abril de 2019

VISITA AO MERCADO

Esta semana visitamos o Mercado de Pontevedra da man dúas guías excepcionais: Sandra e Lorena. Fixemos un roteiro polos distintos postos e rematamos a xornada no espazo infantil O Ganapán. Aprendimos unha morea de cousas sobre os alimentos!

Ollade o ben que o pasamos!

domingo, 14 de abril de 2019

SEMANAS DA FROITA EN 4ºA

Hoxe presentamos unha recompilación das actividades realizadas polo alumnado de 3 anos no marco do Plan Proxecta “Aliméntate Ben”: A FROITA NA ESCOLA.

Fixemos unha morea de actividades que abarcaron dende obradoiros de cociña e ricas degustacións ata tarefas relacionadas coa lóxico-matemática, experimentación sensorial, desenvolvemento lingüístico, etc.

Non as perdades!

viernes, 12 de abril de 2019

ALGO MAIS QUE COMER


Estas dúas semanas estivemos a compartir nas aulas como en cursos anteriores racións de froita fresca de tempada.
Os nenos e nenas de 5ºB de Educación Infantil aproveitaron para traballar algúns conceptos de lóxica-matemática como ENTEIRO e METADE, pero logo de experimentar e comparar non deixaron nin rastro da froita.
Velaquí a proba


miércoles, 10 de abril de 2019

VISITAMOS AOS BOMBEIROS


Hoxe o alumnado de 5º de Infantil fumos de visita ao parque de Bombeiros de Pontevedra. 
Dende aquí queremos darlles as grazas polo traballo que fan por nós e tamén polo ben que nos trataron e a cantidade de cousas que nos ensinaron na visita.

Foi unha maña diferente e moi divertida.


martes, 9 de abril de 2019

LET´S COUNT BANNANAS


Estes días no cole a teacher Loli está a ensinarnos unha morea de vocabulario e expresións en inglés relacionada cas froitas.
Neste vídeo podedes ver a algúns dos nenos de infantil practicando o seu inglés.

Fruit are great!