martes, 30 de diciembre de 2014

MANUALIDADES DE INVERNO

Estes días traballamos arreo para recibir á nova estación e ás vacacións de Nadal… xa o di a panxoliña que estamos a ensaiar:

“No Nadal chega o inverno e comeremos turrón,

cantaremos panxoliñas e estamos de vacacións. […]”

POSTAIS DE NADAL

Os máis pequerrechos fixeron unhas postais moi divertidas e adornaron as portas da clase do mesmo xeito.

Parecen iguais pero son diferentes… coma folerpas!

IMG_7901CAM01180 CAM01187CAM01188 CAM01189CAM01190 CAM01192CAM01193 CAM01196IMG_8534 IMG_8539

IMG_0175 IMG_0177_2IMG_0178 IMG_0179IMG_0167 IMG_0169

NADAL (parte III)

Unha vez máis queremos agradecer ás familias a colaboración prestada! O alumnado sentiuse moi orgulloso de traer estas creacións propias da casa.
A árbore está chea de historias de familias e nenos e nenas cheos de ledicia  por ver como unha pequena aportación constrúe algo grande que nos representa a todos.

NADAL (parte II)

O alumnado de relixión e a profe Maribel prepararon como todos os anos un espazo cun nacemento feito a modo de mural. Ollade!

IMG_20141216_130715IMG_20141217_111943IMG_20141217_111953IMG_20141217_112038

lunes, 29 de diciembre de 2014

NADAL (parte I)

Comezamos a subir arquivos dixitais sobre o Nadal. Nos vindeiros días completaremos as edicións de todo o material e iremos colgando entradas.
 
Click to play this Smilebox slideshow
 
 
Esperamos que vos guste moito!

miércoles, 10 de diciembre de 2014

ANIVERSARIOS!

Dúas raíñas recibiron os parabéns dos compañeiros no pasado mes de novembro na aula de 4 anos B. As protagonistas foron Nina e Carlota!

sábado, 6 de diciembre de 2014

ANIVERSARIOS

Na aula de 4 anos A o que máis nos gusta é celebrar os aniversarios cun  guateque moi bailongo.

Parabéns a Mateo, Cristian e Nico!

O MAGOSTO

Este ano o magosto tívonos pendentes do ceo ata o último minuto. E non sabedes que outras anéctodas aconteceron nos preparativos e no propio día da festa. O video que amosamos a continuacón está cheo delas!

Non deixedes de atopar…

…a chegada do castañero, que case non chega!

…o meniño pegado ao celofán,

…os virtuosos das tesoiras que abren e pechan a boca a ritmo de corte,

… os monstros das castañas (lambóns!),

…e MOITAS SORPRESAS MÁIS!

miércoles, 3 de diciembre de 2014

ANIVERSARIOS!

Na aula de 3 anos B… unha nova raíña chega aos 3 anos. Parabéns Vera!

ANIVERSARIOS!

Na aula de 5 anos B seguimos de festa en festa. Neste mes de novembro cinco compañeiros están de celebración! Deixámosvos as fotos de David, Paula, Tomás e Estela. Mario aínda que tamén é de novembro está a esperar por Iker para poñerse xuntos as coroas!

IMG_7021IMG_7372