viernes, 2 de noviembre de 2018

TEATRO DE SOMBRAS CHINESAS: CORRE, CORRE CABACIÑA

O alumnado de 4ºA de E. Infantil  veñen de facer o seu primeiro traballo audiovisual en colaboración co alumnado de 1º A de E. Primaria.

Fermosa e tenra interpretación do conto Corre, corre cabaciña de OQO editora que fixemos na biblioteca con motivo da conmemoración do Samaín. Como xa dixemos nalgunha ocasión… na Xunqueira 2 facendo canteira!

E por esta banda un pase de fotografías do “making of”:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O teu comentario publicarase en breve. Grazas por participar!