O alumnado do CIFP A Xunqueira convidounos a unha sesión de monicreques a todo o alumnado de infantil que se deselvolveu nos exteriores do seu centro.
Ademais, os pequenos de 4º de infantil participaron nun Obradoiro de Arte con actividades plásticas moi creativas! Aprendimos a aplicar pigmentos con materiais da natureza en diferentes texturas e vivimos unha experiecia multisensorial… E EMOCIONANTE!
Alumnado e profesorado de infantil quere compartir convosco este vídeo…
Moitas Grazas!
Moitísimas grazas a vós pola experiencia tan enriquecedora que vivimos ao voso lado, non temos palabras.
ResponderEliminarAs mestras moi amables, e os cativos e as cativas moi cariñosos e dispostos a participar en todo o que propoñiamos.
Gustaríame moitísimo, a nivel persoal, repetir a experiencia.
Unha gran aperta!
Sara R.