martes, 23 de mayo de 2017

OBRADOIROS DE ARTE NO CIFP A XUNQUEIRA

O alumnado do CIFP A Xunqueira convidounos a unha sesión de monicreques a todo o alumnado de infantil  que se deselvolveu nos exteriores do seu centro.

20170519_114925~2

Ademais, os pequenos de 4º de infantil participaron nun Obradoiro de Arte con actividades plásticas moi creativas! Aprendimos a aplicar pigmentos con materiais da natureza en diferentes texturas e vivimos unha experiecia multisensorial… E EMOCIONANTE!

Alumnado e profesorado de infantil quere compartir convosco este vídeo…

Moitas Grazas!

1 comentario:

  1. Moitísimas grazas a vós pola experiencia tan enriquecedora que vivimos ao voso lado, non temos palabras.
    As mestras moi amables, e os cativos e as cativas moi cariñosos e dispostos a participar en todo o que propoñiamos.
    Gustaríame moitísimo, a nivel persoal, repetir a experiencia.

    Unha gran aperta!

    Sara R.

    ResponderEliminar

O teu comentario publicarase en breve. Grazas por participar!